terça-feira, 8 de abril de 2014

Ceibo os meus versos de caza.


(Wikipedia)

  Se o subconsciente me abrasa,

abro comportas da casa,

a babor, por estribor,

por contumacia da dor,

na procura de lector,

ceibo os meus versos, de caza…

 

  Alzo  estrofas sen pudor,

en consoante ameaza;

desarmo tabús na praza;

brindo baladas de amor

calzadas con calazador;

pois son prolífico autor,

perpetro en arte menor

tribulacións da mordaza;

da musa que me embaraza,

paro bolas de alcanfor

que, nun vestiario, é valor;

levo polilla á desgraza;

como alicerce e carnaza,

repercuto a mesma baza…


  Se o subconsciente  me abrasa,

abro as comportas da casa

a babor, por estribor,

por contumacia da dor,

na procura de lector;

ceibo os meus versos, de caza.


 (Rioderradeiro)


 (Wikipedia)

domingo, 6 de abril de 2014

Coma calquera mortal.

 (Wikipedia, )


  En pecado concebida,

penosa…, e satisfactoria,

copia dun disco a memoria

programador doutra vida?


  O poeta á despedida,

desnudo o corpo na euforia,

transcendeulle escapatoria,

ponte de prata á partida.


  Polo ollo da fechadura

de fachendoso portal

ollou, se cadra, a postal

dunha existencia máis pura.



  Reservou candidatura,

praza en corte celestial,

en balneario eternal,

polo IMSERSO a cobertura


(Rioderradeiro)


El dolor en la historia (II): Grecia y Roma
(Wikipedia)

sexta-feira, 4 de abril de 2014

Badaladas de papel.


  O ceo, moi de mañá,

anticipa o baptisterio;

sombra chinesa no chan,

repenica o sacristán

por conta do presbiterio.

 

  Quen ignora unha campá,

resistente ao cativerio?

Persegue o meniño, en serio,

cos seus dez dedos da man,

apalparlle o nó ao misterio.


  A maxia foi flor dun día

-sen implicar o cicel-,

recendos de melodía,

solfas de marquetaría,

badaladas de papel.


  Badaladas de papel:

doce notas a pincel,

perfumes de fantasía

perfilando o mediodía,

frontispicio do cartel.

            (Rioderradeiro)



quarta-feira, 2 de abril de 2014

Dun só disparo: Man destra.

    (Foto: Suso Fidalgo da Fonsagrada)

  Verderolo, ben o ves
na rama, fronte á fiestra
do fotógrafo lugués,
reflexionou, pousou pés,
afincou chave maestra
-flauta de pico: un-dous-tres…,
clave de sol á palestra-,
e desfechou sirventés
en perfumado francés,
de concertino de orquestra.

  Premiou Fidalgo, cortés,
dun só disparo: Man destra.

(Rioderradeiro)



    (Suso Fidalgo da Fonsagrada)

quarta-feira, 26 de março de 2014

E cobras ao contado en sepulturas.

    (Chucho Sande)

  En mar maior, nobre nave liberta,
a muradá confía en SANTA ANA;
emprendera derrota, soberana,
coma decote fai cando ela esperta.

  Viste arestora morte a vida humana;
queda a ferida nosa, grande, aberta
admitindo razón que desconcerta
a rutina da noria, tan profana.

  Cántabro azul, que, xeneroso, auguras
premio ao labor de anzois e de almadrabas,
torce timóns, se en PEÑAS non desgravas.

  Cantil astur, detesto estas facturas
de corte criminal, porque te cravas
na rosa do compás de singraduras...

  E cobras alcabala en sepulturas.

  
   (Rioderradeiro)