quarta-feira, 22 de janeiro de 2014

Adobados en saliva.

 Manuel Mayo Priegue.- " ¡Que pais!, para facer unha obra pública medianamente 
ben hai que facela tres veces, e pagala catro."



  O Conselleiro en chaleco,
Rexedora reflexiva
baixo paraugas; sen iva,
tantas promesas en seco
multiplicadas por eco,
adobadas en saliva.


(Rioderradeiro)



quarta-feira, 8 de janeiro de 2014

Do imaxinario amatorio.


(Escultura de Auguste Rodin, en la Ny Carlsberg Glyptotek)

  
  Son soños de mocidade
impresos, tras dura escolla,
nun libro de duna e folla
partido pola metade?

  Que bico mellor pintado,
para apurar apetito,
sobre outros beizos cabrito
a pé de boca plantado?

  Franco festín, perentorio,
conforme escultor propuxo,
contorsionista de buxo
debruza no promisorio:

  Entrarlle a saco ao aturuxo
do imaxinario amatorio.


  (Rioderradeiro)


terça-feira, 31 de dezembro de 2013

Despecha a porta pechada.

 
  Ceibos, coma figo aberto,
os labios en labarada;
o bico bravo, liberto,
verque, volcán descuberto,
despecha a porta pechada.

   (Rioderradeiro)


domingo, 22 de dezembro de 2013

¡que ben se expresa cos pés..!

  Tén un amigo finés,

outro sudamericano;
co primeiro fala inglés,
co segundo sudanés
e tamén sudafricano;
parlamenta en occitano
trufado de portugués
cun esmolante maltés
primo dun napolitano;
¡que ben se expresa cos pés
en divino “castellano”…
galiciano!
  El reserva o seu chinés
para o norteamericano.

(Rioderradeiro)







quarta-feira, 18 de dezembro de 2013

Devólvelle o seu papel,


(http://lapollaenverso.blogspot.com.es/)

 Se subastas esa polla
de verso abrupto, algo solto,
-que un fondo abutre a recolla!-,
queda o poema revolto
como caída de folla.

  Non auguro comprador

para cigarro, ou ladilla;
quizais asilo en boquilla
dun adicto fumador
pendente dunha "colilla".

  Retira xa o teu cartel;

por favor, recapacita;
pensa que o SE VENDE irrita;

  devólvelle o seu papel

de consumar sen cuartel
á polla, que o necesita.

   (Rioderradeiro)