sábado, 17 de agosto de 2013

Se ver chover apetece.



(Foto Nieves Formoso Vidal)

                      Dito popular: "Cando Monte Louro tén touca, ou moita chuvia, ou pouca..."

Sobre a touca, tea en tule,
que cando inverno ennegrece,
alguén, debaixo, devece
que a marusía acugule
a Monte Louro ou tropece
no Neixón e disimule.

Anque o calor entorpece,
o sol co roce decrece
e do verán ben se esquece.
Que o vendaval  se acumule,
deite na orella e formule
nova invernada estremece
ao máis pintado. Fabule
argumentario quen rece
para que un santo regule
-as vegadas manipule-
se ver chover apetece...
E a pel de agosto agradece.



(Rioderradeiro)

A imaxe pode conter: montaña, ceo, ao aire libre e natureza
(Fotos Nieves Formoso Vidal)

Peitea brancos cabelos.


(Nieves Formoso Vidal: "Esta non é a touca habitual, é borraxeira de poca dura.")

Se a mediados do verán
peitea brancos cabelos,
¿qué fará cando se van
os turistas, por non velos?


(Rioderradeiro)

quinta-feira, 15 de agosto de 2013

Nin media gota en formol.

                                                                                                
Qué triste se ha vuelto el mundo!
¡Qué triste lo encuentro yo..!"
(Rosalía de Castro, "A mi madre"

O mundo que aleda ao triste
cunha raiola de sol,
cando troba rousinol
don Lourenzo con alpiste,
a negra sombra, que insiste,
entristece ao caracol;
a alegría só persiste
no imaxinario, un farol;
a ledicia non resiste
nin media gota en formol.

(Rioderradeiro)
                                                                           


Acuarela a Monte Louro.

Foto: O que vexo agora mesmo desde a casa.
Maria Teresa Mayo Freire: " Para que vexades que non vos engano cando digo que Tal é o balcòn da ría!! "


Todo Tal  pinta o balcón
recamado en prata e ouro,
Mayo Freire, un bodegón
e acuarela a Monte Louro.
    
       
       (Rioderradeiro)



Ficheiro:LouroBarbanza.jpeg
(Wikipedia)

quarta-feira, 14 de agosto de 2013

Como ninfa, a frotar sobor da área…



Como fada de tobogán, velea;

como ninfa, a frotar sobor da área… 

   (Rioderradeiro)