domingo, 7 de agosto de 2011

Demanda, en beneficio, obter condea.


Archivo:Detalle del Ángel caido.jpg


A man que alimetou lume en novela,
Arcanxo Rexedor, dardo adherido,
Atiza o seu trebón, fica prendido
Da mecha no tizón turbando estrela.

A man que entremetiu torcida en vela
Relampa en espadón empedernido,
Remeda un Lucifer de raio urdido
Na folla de afeitar que descabela.

A man por manancial reconducida,
A man que en mocidade sobrancea,
A man que aprende os anos e encadea

Á terra umbilical traxe á medida,
Teimudo o seu rigor sempre homicida,
Demanda, en beneficio, obter condea.


(Rioderradeiro)




Thor

quinta-feira, 21 de julho de 2011

E unha mirada azul: Categoría…





  Reverdecente anil resplandecente,
raiola tobogán que talla a tarde,
gaivota paladín que tece alarde
parafusando luz deica ponente.

  Raiola tobogán de chama en pente,
outro mascato impar, fite en bocarte,
chouta da excelsitude e baluarte
con vertical valor pola pendente.

  Estremécese mar sinceramente,
entristece solpor á vaga viva,
a gaivota, o mascato, a perspectiva,

  A perfilar pintura en halo ardente
que lle rouba o pintor á marusía,
e unha mirada azul: Categoría


  Con paleta e pincel, alma inocente.


        (Rioderradeiro)


segunda-feira, 18 de julho de 2011

Por redimirlles penas previo pago.

(Ruth Mathilda Anderson)
























  Desventurado tempo en franco olvido,
crecente decrecente en corpo eivado,
comparece, de seu, avariado,
inocente, esmorece en mente espido.

  En mente el esmorece descosido,
decote denegrido e denegado,
que o saco da memoria está furado
e derrama continuo aquel contido.

  Naquel contido verque alento aciago
e baleira na ceifa ese albedrío
banqueiro navegante en señorío,

  O barqueiro Caronte cruza lago
e carrexa mortais no seu navío
por redimirlles penas previo pago.


  Carafio!, remador, en vós confío.

       (Rioderradeiro)


(Caronte, ilustración de Gustave )

quarta-feira, 13 de julho de 2011

Comeres corazón en carne crúa.

  
  Está dentro de ti, ollo de lontra
a porfiar, sen lei, desde o penedo,
a discutir de ti co teu enredo,
a peneirarlle a pel ao vento en contra.

  Está dentro de ti, invoca, alfombra,
e reforza a fartar rutinas cedo,
e malversa ilusións de letra e credo,
enloitando o vivir con mans de sombra.

  Ollo!, por túnel, vai, cegando estrelas;
lontra!, que talvez vaga, ás palpadelas,
por laberinto, a dar traspés na lúa...

  Compulsiva e mordaz, e cacatúa,
devorándote así, fame, revelas:
comeres corazón en carne crúa.

         (Rioderradeiro)

segunda-feira, 11 de julho de 2011

Corazón vellouqueiro, en plan covarde.


  O percutor do sol, coma un arqueiro,
a peito, en percusión, -tan incisivo!-,
rompendo a disparar, -tan invasivo!-,
na espléndida nudez, coma artilleiro…

  Xeitoso por demais, vivo, algareiro,
alento de verán, -tan combativo!-,
ardente, xuvenil, -tan creativo!-,
na espléndida nudez, aventureiro…

  Ofende non saber por que arrufía,
devén fatuo, fatal fantoche, alarde
teimudo en deslucir a túa tarde.

  Non cabe na morneza algarabía;
a brasa de solpor tan só porfía,
corazón vellouqueiro, en plan covarde.
  
(Rioderradeiro)