terça-feira, 9 de dezembro de 2008

CACHAFEIRO O GRANDE (da gaita)






  

  Tén alma de Cachafeiro:

esa adorable adiviña,

esa nota miudiña,

flor natural de Soutelo

derramada no torreiro,

lambeulle ao tempo a ferida…



  Quen entristece á alegría?,

quen vos aleda, tristeiros?,

quen enfeitiza ao punteiro?,

que singular maestría,

que sutil melancolía

embruxa ao noso gaiteiro..?



  Lambeulle ao tempo a ferida:

tén alma de Cachafeiro.




           (Rioderradeiro)



domingo, 7 de dezembro de 2008

OFRENDA.

(ARNEIRÓN)
(WIKIPEDIA)
________________________



¡Ofrenda!

ao ceo...,

ao mar...,

á terra

que me deu lento...




¡Ofrenda!:

O ribeiro,

no altar

que embebeda

o sentimento.


__________________

quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

As verdades do barqueiro...




As verdades do barqueiro,

Polo letrista Refoxo;

Hegeliano, virtuoso;

Disidente, financeiro

Da partitura e do credo.

___________

ACEDO LEITE.







Calzando zocas de terra:

Luvas-calcetín de lama

Calcetadas na lameira ,

A vacuna tecedeira

Do LápizFeroz do Salas,

Que de humor ten só aparencia,

Estampillaba a sentenza:


-¡Acedo leite eu zugara

Cando afuciñei na teta..!