quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

As verdades do barqueiro...




As verdades do barqueiro,

Polo letrista Refoxo;

Hegeliano, virtuoso;

Disidente, financeiro

Da partitura e do credo.

___________

ACEDO LEITE.







Calzando zocas de terra:

Luvas-calcetín de lama

Calcetadas na lameira ,

A vacuna tecedeira

Do LápizFeroz do Salas,

Que de humor ten só aparencia,

Estampillaba a sentenza:


-¡Acedo leite eu zugara

Cando afuciñei na teta..!

DÁNDOLLE A VOLTA AO TELLADO.






Ese enredo, don Artabro,


Rematou coma unha rosa


Que o Lápiz fixo famosa


Dándolle a volta ao tellado.

__________________

POLA SÚA OROGRAFÍA.






Empurrado pola tirria,

Lostregante, HUMOR camiña

Ás SALAS de compostaxe;

No túnel da MAQUILLAXE,

Á COFIAda Mirandiña,

RECESIONarlle a vendima,

Quero dicir a vendaxe

Da entreperna apetecida...



¿Quen lle ha negar a masaxe

E as SALAceS picardías

Ao bigote,

Á cocote,

Ca musical andamiaxe

Que ao LÁPIZ lle SINUSITa

Pola espita,

Pola pita,

Polo escote,

Polo cote

- Coma o pateiro á sardiña-,

Pola súa orografía

Tan divina..?

POLO TOURAL DE COSTUME.






  Presumen do que non saben,

saben ben do mal que asumen:

fumando en pipa ao desmadre,

desglobalizando estrume,

desatan as leis do lume,

xogan dominó con fume,

branquean as leis da fame.



  Coma cabestros discurren,

coma cabestros distraen,

e á voz dun xo! ou dun arre!,

polo toural de costume,

ser / viles, puro batume,

serviciais para quen pague,


réptiles, zurro por sangue.


  (Rioderradeiro)
.