sábado, 29 de novembro de 2008

...¿pola santa inquisición?



¿Será pato ou lumbrigante,

Ou tal vez unha langosta

-Acuicultura da costa-,

O retrato rechamante

Que, ao mandar pechar a boca,

No seu falar se equivoca

De bocado e de talante

-Malos augurios da pota-?



¿Serán palabras ben/ditas

Por quen foi altar Maior,

Por San Gil, dona María,

Pola túa e pola miña,

Pola Santa Autonomía,

Polo hamletiano Rajoy,

Pola Santa Inquisición,

Pola COPE ou pola Biblia?

________________

AS LEITEIRAS DE FERROL.




Por activa e por pasiva,

Reseña o LápizFeroz,

No Solar Salas-Ruína,

Cinco viñetas tecidas

No tear da indixestión:



Man mercenaria cumprida

-Lelo-Luis-Imper-Nerón-,

Esa panda estrelecida

Coa marca liberticida

Das leiteiras de Ferrol.

__________________

POLO VIAL INTESTINO.





Impertinente subido,

Impertinente probado,

Sempre de si namorado,

Sempre de si posuído;

Cando houber frechas, Cupido,

Arco, carcás, asubío

-Polo mes e polo ano-,

Arestora o rechouchío

Que percura o seu tellado

Polo vial intestino.

__________________

ANTESALAS DOS INFERNOS.





Ofensores ofendidos,

Laghartos e lagharteiros,

Libertarios libertinos,

Reprimentes reprimidos…

Filólogos filomenos,

Astrinxentes estriñidos,

Embaixadores plumeiro,

A brava flor dos sentidos,

Unha fouce, ¡o albedrío!,

“ELeSeDe” para ceghos,

Un Lápiz luciferino,

AnteSalas nos infernos.

___________________

POR CAPULLO.




Que te pinte un xirasol

Este capullo endeusado

Non creo que o malpocado

Saiba moi ben que pintou.

Se por ventura ou error

Tirar proveito ao pecado,

Que o xirasol enxertado

Deveña no seu baldón,

Que o reprenda o corazón

Por capullo e por capado.

____________________