sexta-feira, 28 de novembro de 2008

NON TÉN CURA…





Falar de tonto cabal

Sen perder a compostura,

Proclamar esa finura

Do cabestro universal

Que fai da mente adival

E da lingua unha armadura

Cos complexos sen mesura

Que non é quen de afogar

A necidade e a amargura

Do cretinismo animal:

Eis a parte neuronal

Do Nero que aquí pulula.

¡Pobre Nero!, non tén cura,

Nin tampouco sacristán.

O "CASTOR" ARQUITECTO DE RÍO LINGÜÍSTICO.


Mamífero roedor,

Polo pelexo apreciado,

Non se presta ao revoltallo,

Amigo da confusión;

Pois merece, no escalón

Dun mundo xerarquizado,

Cuadrupedarse ao cadrado,

Fóra de competición,

Ao longo de todo o ano,

Se dá licenza o Castor.

¿GaliZa con "C" ?




Calzasachos, Calzasachos,

Calzasachos, calza ben

o teu legón de traballo

co nobre pau de carballo

da ciencia do teu saber

se ha de ir GaliZa con "Ce"

como vai en castellano,

que é como che debe ser

por dereito e por revés,

á voz dun ordeno e mando.


(Rioderradeiro)


terça-feira, 25 de novembro de 2008

CABACEIRA INSTITUCIONALIZADA.

_______________________________________



_____________________________________

Aqueles canteiros sabíanche moi ben o oficio e algo de economía material: Pedra a pedra, coa devoción dos prefesos no gremio. Unha gloria de arte.

__________________________________

PATRIMONIO NACIONAL: Cabaceira de Xoana do Rouco.