AIREnaEIRA
AIREnaEIRA
sábado, 17 de agosto de 2013
Peitea brancos cabelos.
(
Nieves Formoso Vidal
:
"
Esta non é a touca habitual, é borraxeira de poca dura.")
Se a mediados do verán
peitea brancos cabelos,
¿qué fará cando se van
os turistas, por non velos?
(Rioderradeiro)
quinta-feira, 15 de agosto de 2013
Nin media gota en formol.
"¡
Qué triste se ha vuelto el mundo!
¡Qué triste lo encuentro yo..!"
(Rosalía de Castro, "
A mi madre"
)
O mundo que aleda ao triste
cunha raiola de sol,
cando troba rousinol
don Lourenzo con alpiste,
a negra sombra,
que insiste,
entristece ao caracol;
a alegría só persiste
no imaxinario, un farol;
a ledicia non resiste
nin media gota en formol.
(Rioderradeiro)
Acuarela a Monte Louro.
Maria Teresa Mayo Freire
: "
Para que vexades que non vos engano cando
digo que Tal é o balcòn da ría!! "
Todo Tal pinta o balcón
recamado en prata e ouro,
Mayo Freire, un bodegón
e acuarela a Monte Louro.
(Rioderradeiro)
(Wikipedia)
quarta-feira, 14 de agosto de 2013
Como ninfa, a frotar sobor da área…
Como fada de tobogán, velea;
como ninfa, a frotar sobor da área…
(Rioderradeiro)
quarta-feira, 7 de agosto de 2013
Que nun convento é pecado.
Foi chegar e desvelarme
do soño mal desprendido,
e, pola inercia impelido
ao punto de rebelarme.
Foi chegar e decatarme
do tempo xa transcurrido,
un ano máis transferido
a sumar indo a restarme.
Foi chegar e comprender
que o tempo tiña pasado,
como empurrado, a correr,
francamente desbocado.
Foi chegar e devecer
-contraditorio querer
de adolescente avanzado-
soño benaventurado…
onde incluír á muller,
que nun convento é pecado
mortal para o enclaustrado
por culpa de Lucifer.
(Rioderradeiro)
Mensagens mais recentes
Mensagens antigas
Página inicial
Subscrever:
Mensagens (Atom)