sexta-feira, 15 de março de 2013

que o Nova Escocia reviva

Foto

 (Manuel Lago Alvarez)



Un menú, pura ambrosía,
servido en ton mozartiano,
mete en cintura o piano
con meridiana harmonía.

Cabalga a pelo o mencía
polo padal, soberano,
regalando alento humano
condumio con regalía.

Veña esa copa intuitiva
irmandada ao bo café,
brinde Manolo o porqué
da linda tarta intrusiva,

viva factura máis IVA,
unha minucia, abofé;
que o Nova Escocia reviva
na Rúa Ancha, e ¡olé..!

(Rioderradeiro)



 (Manuel Lago Alvarez)

quinta-feira, 14 de março de 2013

A carga que máis me pesa


A carga que máis me pesa
implica o propio existir:
sacar de quicio o vivir
desangrado a toda présa,

botarlle un pulso á cabeza
do berce ata a sepultura,
caer de froita madura
onde denuda incerteza.

Dura pracer só un minuto,
o padecer persevera,
se outra esperanza me espera…,


se hei descargar noutra esfera
este existir disoluto,
pola escalada debuto…,

pois desvivir desespera.

(Rioderradeiro)



quarta-feira, 13 de março de 2013

Son de Carnota as leiteiras.

    (1924, Ruth Matilda Arderson)

  Conto por toucas. Son cinco,
ben enfiladas, na estrada,
como encofrando mirada
para encarrilar o brinco.

  Son de Carnota as leiteiras;
á vila, abrindo a mañán,
con caldeiretas na man
chegan, de cote, as primeiras.

  En Muros venden patacas,
ovos, allos e cebolas
no mercado e polas rúas;

  se, por desprezo, as atacas,
non por iso as descontrolas
nin tampouco as desvirtúas;

  pola contra, inda acentúas
bautizo ao leite das vacas.


         (Rioderradeiro)

     (Ruth Matilda Arderson))

segunda-feira, 11 de março de 2013

Doutro fracaso á medida.

Imaxe relacionada

 (Tulouse-Lautrec)


  Atemperada en tal caso
surtira efecto cicuta,
sen reparar na minuta,
dera de présa un mal paso.

  Fincara o corpo teimudo
nos dentes dunha mordaza,
tornara o gozo en desgraza,
o leito quedará mudo…

  Non manda a meta no abrazo
nin mide a mente o seu trazo
por repetir a partida;

  segue candente a mordida
que reproduce embarazo
doutro fracaso á medida.

(Rioderradeiro)

Resultado de imaxes para toulouse lautrec ballerina

(Toulouse-Lautrec)

sexta-feira, 8 de março de 2013

Chávez luceiro en razón.


Poño nesta face o nome
e co meu nome quen son
-un entre tantos-, xa estou
vinculado ao home
e, se el partise, eu vou
onde, por amor, se asome
Chávez luceiro en razón.

(Rioderradeiro)