segunda-feira, 7 de janeiro de 2013

No son da gaita cen velas.


  Combinación dos sonidos,
mozas e mozos trovando;
gaitas, pandeiros tocando,
degustación dos sentidos.

  Eles, gaiteiros curtidos,
co punteiro a rebuldar;
elas, convén realzar,
co tambor pasos contidos.

  LONGARELAs, XIMIELAs…,
de Louro tiñan que ser:
meniños, xoves, doncelas…

  Esperanza, e sen cancelas,
na vila a reverdecer;
que os de Muros queren ver

  no son da gaita cen velas.

                     
                                    (Rioderradeiro)



terça-feira, 1 de janeiro de 2013

Co devalar das mareas.


Nieves Formoso Vidal : "Primeira andaina deste ano e primeira foto para todos vós.
 Boas noites."


Adiviño pola estampa
Baño, rebaño, e bateas;
amosa a Virxe as areas
da praia; pois sempre campa
Co devalar das mareas.

(Rioderradeiro)

segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

De días ben cabalgados.

Foto



Faltan minutos contados
para pór TRECE agoreiro;
o DOCE esgota tinteiro
cos nomes dos aldraxados.

¡Veña o TRECE cabaleiro
de días ben cabalgados!

(Rioderradeiro)




Que a rede atrape o trebello.


Toda esta vida a artellar
-Tea do mesmo tear-
Tece-destece enguedello:
Aninovo-anivello;
E logo volta a tentar
Que a rede atrape o  trebello.

(Rioderradeiro)


domingo, 30 de dezembro de 2012

Tocando a súa gaitiña.


(Manuel Rico Verea)


RICO, cando este ano naza
E colla carreira axiña,
Pola VEREA irá en liña,
Libre de toda desgraza,
Tocando a súa gaitiña.

(Rioderradeiro)



(http://www.seivane.es/ga/documentacion/index2.html)