sexta-feira, 3 de agosto de 2012

No balcón da Pallagheira.

 
(Dona Petra Loxo coas súas alumnas, a mediados dos anos 50)

« La rose est sans pourquoi,
elle fleurit parce qu'elle fleurit,

elle ne se soucie pas d'elle-même,

elle ne se demande pas si on la voit. »

(Angelus Silesius, Livre I, 289)
Foto: En Louro 
(N ieves Formoso Vidal)

  Zarpas desde Eira dos Marcos,
xa te controla a Morena;
os Anxos, como en escena,
alzan un arco aos de Barcos.

  En Louro nunca o pecado
prosperou, porque te apures;
por moito que te aventures,
o demo lisca apestado.

  Para que mellor te axudes,
collendo cara a San Roque,
do santoral, sen retoque,
todo un plantel de Virtudes:

  Esperanza e Caridade
na fe que move montañas,
pon devoción nas entrañas
do Campo Felicidade;

  Purificación, Prudencia,
as Milagros, as Dolores;
máis castidade en amores
onde reside Inocencia.

  Non mentirei, ben sabía
que, do Outeiro á Lavandeira,
das Laxas ata a Mureira,
discútenme a santeiría…

  Que non me veñan con lerias,
se realzo a quen venero,
meto no altar a quen quero,
pois non reparto miserias.

  Arribei: Fóra xenreira!
Polos vieiros da euforia,
meu Deus!, xa topei con Gloria
no balcón da Pallagheira.


(Rioderradeiro)


quarta-feira, 1 de agosto de 2012

Onde intestino o repase.

                                                                          "Señor, señor,
                                                                                                             este ghalo quer pór."                                                 
                                                                                    (Manuel da Balaia)

  Non insulta un Descosido,
pois non, non pode insultar
quen escribe sen pensar,
porque lle falta o sentido;
só lle cabe esbardallar,
falando máis do debido.

  Se o malpocado pensase
canto ao contado escribiu
e na mente concibiu
con ocurrente desfase,
non creo que o disparase
completo polo maxín,
a non ser que o reforzase
con credo de calcetín
para que o cheiro empurrase
en pé quebrado adoquín.

  Se este capón recordase,
outro galo lle cantase
-faise duro supoñer-,
botando a lingua a pacer
no poleiro ao comprender
que ovo a piques de poñer
pola boca non lle pase;
logo, a palabra acompase
apuntando o seu poder
onde intestino o repase.

                    (Rioderradeiro)




segunda-feira, 30 de julho de 2012

Nas camisetas: I LOVE …


(I LOVE MUROS)


Hai beleza en valentía,
Toman punteiros por frautas,
Entran a escote tan cautas
Respetando a melodía;
Con destreza e teimosía,
Seguindo tódalas pautas,
As mozas tocando gaitas
Devotas da romaría.

Gaiteiras, ¡que garantía!;
Propaganda para MUROS,
Disfrazados de astronautas
En inglés, porque son puros,
Gordechos, os tres piratas
“Recauchutados Renove”
Con franquicia de seguros
Nas camisetas: I LOVE …

(Rioderradeiro)




(I LOVE MUROS)

sábado, 28 de julho de 2012

Nunha gloria a grande altura.


Axóuxere: “Onde hai un cruceiro, houbo un pecado” Castelao
"Onde hai cruceiro houbo pecado." (Castelao).

  Apóstolos, padroeiros,
mártires ben valorosos,
menciñeiros milagrosos,
Santos Cristos dos cruceiros…

  Canteiros de Pontevedra,
do punteiro ao poderío,
do talento ao atavío,
piedade a pico na pedra.

  A rocha acolle feitura
persoal de cadaquén,
dalle á imaxe canto ten:

  Pedestal, digna postura,
faciana, fala, e fondura
aos ollos cos que se ven...


  Francamente, unha fartura:


beatos que son refén


dunha gloria a grande altura,



"Per ... saeculorum", amén!



       (Rioderradeiro)
ps-43244)postal fotografica de galicia-ao pe d - Comprar Postales ...

sexta-feira, 27 de julho de 2012

Que a fouce, ao fiado, cita.


AIREnaEIRA


  En pía de cristianar

a flor florece bendita

e “ipso facto”, xa marchita,

do fondo do seu pesar,

vella forma de pensar

que por forza resucita

para tornar, expedita,

a entristecer..., perturbar,

como en maceta, maldita,

emparedado implantar.

 

  Corta a folla de afeitar..!

A lei do tempo suscita

cerco e caza ao calcañar: 

unha linda margarita,

e ao pé do olor deposita 

duro aceiro, de fiar,

e unha roda de amolar

que a fouce, ao fiado, cita.



        (Rioderradeiro)