sábado, 28 de abril de 2012
quinta-feira, 26 de abril de 2012
Morte ao leal centinela!
Louvanza da traizón.
(a considerar en segunda lectura)
_____________
(a considerar en segunda lectura)
_____________
Se á traizón lle cambian nome,
no canto de traidoría,
deslealdade resome
refugallo en quen consome
confortable felonía.
Se a traizón trae ardentía
e prende en tripa o recado,
con ese lume arengado
abastece a tubería
que suministra ao mercado.
O felón de sancristía
bendice vento inventado,
faiche na vela furado,
tinxe de sangue badía,
arriba, vén revirado...
Que a perfidia é teimosía,
ten un brincar da estornela,
ten voltas de virandela,
pon no verbal vilanía,
é ponzoñenta en por ela.
Arma a boca o deicida
coa prata recibida;
abre co bico portela:
trinta denarios parcela.
Viva o Xudas suicida!
Morte ao leal centinela!
(Rioderradeiro)
segunda-feira, 23 de abril de 2012
- Pór arado a labrar... no bo sentido.
Se o mal de ausencia, amor, intercalara
nesta dor de existir, e resistira,
na mesma clave, igual, eu revivira
fardelo a percibir en canto a(r)mara.
Tal desventura, así, multiplicara,
e en tal desgraza, así, repercutira
na potencia voraz que se revira
e volve a enmudecer cando murchara.
Ausencia que me apena e me socava,
anguria de saber que todo acaba,
áncora de encarar o malvivido...
Non se esgota fachuco agradecido,
pois pretende endozar a chaga escrava
pois pretende endozar a chaga escrava
e combater a sombra onde acampaba...
Para cegar a dous co seu fluído:
labarada a labrar... no bo sentido.
(Rioderradeiro)
sexta-feira, 20 de abril de 2012
Resaca dun gran Bourbón...
Cadeira capta atención,
Safari suma á regata,
Maquilla a venda o pirata,
Panacea en contrición;
Propaganda intemerata,
A prensa empurra e retrata,
Convicto de meter pata,
Catapulta o tropezón,
Catapulta o tropezón,
Cazado en ocultación,
Falar na tele en chorón,
Descargando causa ingrata
Por que a cascou no colchón…
No seu calvario, a carón,
Cobráronlle en comisión
Un elefante de lata,
E a pena, por ser barata,
Setenta veces perdón,
De esperpento na razón,
Pola en zarzuela de oblata,
Máis couces noutra ocasión,
Pervertir crucifixión
Dun país con catarata:
Confesión, ponte de prata,
Resaca dun gran Bourbón...
(Rioderradeiro)
terça-feira, 17 de abril de 2012
Afirmación da flor desenvaiñada ...
A sede de pracer máis
cobizosa
vai á fonte a por máis sede a saciala
na boca que en deserto ha desatala
en secura maior, avariciosa.
A sede a padecer, tan ambiciosa,
propaga a combustión, tan repentina;
esgota manancial, planta, propina
devezos de beber auga abondosa.
Sumada fame en sede, e
retorcida,
á fervura do corpo incorporada,
a fereza total desenfreada...,
Presta a tentar a sorte na embestida,
máis ardente, máis brava, e convencida
do alento de abrasar con labarada...
Afirmación da flor desenvaiñada .
(Riderradeiro)
Subscrever:
Mensagens (Atom)