quarta-feira, 3 de dezembro de 2008
CADELO CORREDOR.
Canta o XITANO Zumbón
Esa guaracha atrevida…
Coas aletas de charol,
Disque segue ao trovador
No acuario da cociña,
Porque, na braza e no crol,
Fixo de lebre a NERÓN
Coma o cebo fai de guía
Ao cadelo corredor
Con fame de moitos días.
______________________
CRONISTA DO CORAZÓN.
Esmola por San Antón,
Polas ánimas benditas;
Por Mondoñedo, un doblón;
Por Cunqueiro, dous mil vivas…
Pola “centrista” afección
Dun Lápiz en SALAzón:
Polo Luis activista,
Pola Guapa e por Ucina,
Por que lles cure o xamón
No rebaixe da petrina…
Pola Santa Inquisición,
Por Ttimo que nunca tima,
Polas prosas de Nerón,
Un pincel de tinta china,
Polos vieiros da alquimia,
Cronista do corazón.
Dime, meniña, por que...
Dime, meniña, por que
non te afeitas o bigote;
por que pretendes de cote
simular que non o tés.
Se, por desgraza, tal vez,
na autoxenreira te escondes;
meniña, rompe eses moldes
dunha autoestima ao revés.
Presumes de intelixente,
de plurilinguar o inglés,
o romanche e o francés,
e o alemán, de copete…
En canto ao noso, xa ves
como acovardas caletre;
por que renegas do berce
do galego-portugués?
Pensas, meniña, cos pés!
(Rioderradeiro)
ENTRE O SER E O PARECER.
Non che é o Xitano carneiro
Nin Nerón seu cabaleiro,
Non che é Lápiz mal pincel,
Nin che é Lelo un lareteiro,
Non che é Luis tecedeiro
De “tejerianos” corsés
Nin o Miranda, en clichés,
Alpinista de cortello;
Porque nunca puido obter
O dereito co revés
Bo noivado ou casamento.
Sonche persoas de xeito,
A salvación do mal pleito
Entre o ser e o parecer.
(Rioderradeiro)
POR SALVAR A CORTESÍA.
Subscrever:
Mensagens (Atom)