terça-feira, 2 de dezembro de 2008

Para na SALA enCOLAr.






¡Ponte esas pilas, raPaZ!,


¡Miúda tripulación..!



¡En vela o Lápiz-Feroz!,


Leva a ciencia de pescar,


A fame de consumar,


A tanza que ha de empalmar,


A carnada que ha de im/pór,


Bolo ou miñoca, no anzol,


¡O trueiro ou gañapán..!,


RENTA DE EMANCIPACIÓN,


A mellor exposición


Para na SALA enCOLAr.

¡VIVA O HUMOR ANONÍMO!





Circular, que circulaba

A LETRA por VALDOVIÑO,

Lourenzo pola montaña…,

O narizudo Feixóo

-As dúas mans nos bolsiños,

Traxe, esquinado, burlón-,

No deseño e no guión,

Afiando o dentellón

Co LápizFeroz do SALAS…

Aporías de Touriño,

Tribulacións de Quintana,

Pola ROTONDA, bo viño;

Polo CHISCO, moita cara ..!

PREOGOEIRO DOS MEIGALLOS.




O desemprego dos calvos

Malhumoroulle a calceta:

Pola fe na camiseta,

Combinación do calzado,

Pantalón moi entoado,

Ben consonte co cotarro

En crise trala bragueta

Desilusión dun pecado,

Ignorando o que interpreta,

Lápiz-Feroz de viñeta,

Liliputiense en cometa,

Pregoeiro dos meigallos…


Ao xarope das viñetas,

Engadiu dous espantallos,

¡Tan SALAdoS...!

POLO LÁPIZ AFIADO.





Un Impertinente ergueito

Vale mais para espantallo

Que cen milleiros de Lelos

Elevados ao cadrado

Por gracia dun bo punteiro,

En alma e de corpo enteiro,

Con trencha de carpinteiro

Polo Lápiz afiado.



Salvoulle a estirpe ao penedo:

Fíxolle un bo entallado.

VIÑETEIRO A GRANEL.

AQUÍ HAI ARTE: Voilà...



Non ten arte nin cartel,

Nin gracia nas enSALAdaS;

Ten flatulentas cagadas

Fedorentas e entobadas

No LÁPIZ de remexer

Na derradeira aCAMPAda.



Contaminante a morrer…

Mais morrer non é palabra

Que conviñer malgastala

Cun viñeteiro a granel.