segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

¡Volta a tirar da cadea!





Recluírase a pensar

Baixo un sombreiro de estrelas,

Incrustado na cadeira

Sobre o trono circular,

Falou palabra certeira.

Non se vira cousa igual,

Acaída, pendular,

Sementar da sementeira,

Polo furado da rella,

Unha tras outra, en fileira,

Na piscina comunal,

A semente á vertical,

Nada, mergulla, surfea,

Discurre pola marea…



Conxugación do cagar:

¡Volta a tirar da cadea!

domingo, 30 de novembro de 2008

MonteLouro, BUQUE INSIGNIA.




MonteLouro,


Buque insignia,


Verso de arte maior,


Palabra que fai da miña,


MonteLouro,


Unha palabra cativa,


Avergoñada, ao solpor,


Todo, a babor e estribor,


MonteLouro,


Divinidade na ría...,






Humanizado por nós.


(Rioderradeiro)

sábado, 29 de novembro de 2008

MANEIRAS DE BAILAR.





Puxo os seus ovos o Lápiz

No niño dos tres pardais:

Arrincou do leito ao Lelo,

Rapoulle a baba e o cabelo

Ao consistorio das ras,

Porque Luisiño Barbeiro

Non foi quen de llas rapar…




Por se for Quintana a Rosa

Que SALAS quixo pintar,

Mira, NEreCIO, se amosa

O teu perfil mariposa

Nas maneiras de bailar.

____________

PROMESAS SOBRE AREA.





O mar, sempre agarimoso,

Abalounos coa marea,

Xogou de présa connosco…

¿Ú-lo aquel tempo ditoso

das promesas sobre a area?

(Muros, 23/08/08)

_____________________

VERSIÓN FUNIL.



Érase a VERSIÓN FUNIL,

Un fracaso de torpedo,

Patentada polo xenio

Dun p/ALADÍN de CORTELLO

Cunha bala ou un balín

Das Feiras do San Fermín,

PIROMAÍACOS LELOS,

Pólvora do polvorín

Dun SALAS que abranxe ao NERO

Coma se fose o candil

A luminaria dun peido

Desmaiando un calcetín.