sábado, 29 de novembro de 2008
SALAS DA PUÑETA.
Tres patas non fan banqueta
Se o Lápiz non a procura:
Pino branco por montura,
Casamento na estructura
Que ás cachas ben complementa:
Un Salas de treixadura
-Pisca de sal e pementa-
Pola singular dozura,
Entre febres e arrepíos,
Do viño que os cus fermentan
Nesas cubas de Albariños,
Ao son das gaitas grileiras,
Onde bailan señoríos:
Imper, Neróns, Lelos…,¡ festas!
¡Como mola o festeirío
Do Salas-Lápiz-viñeta
Da puñeta..!
ONDE MORRE O PEIDORRILLO.
Era unha voz trepidante,
Era un eructo tonante
Era un lóstrego arrogante,
Arrogante e presumido,
Un torpedo consentido,
Libertario, libertino…,
Un pedrón como un diamante,
Palpitante, medio vivo,
Esmorecente ao instante,
Repelente, repelido
Polo secreto escondido
Onde o ar perde o sentido,
Onde a marea é mallante,
Onde morre o "Peidorrillo"…
___________________
¡á cadea!
Urbanistas a mans cheas:
Constructores apañados,
Libres de innobres pecados
Da corrupción e dos pagos
En negro, que é cousa fea,
Á cadea.
Cando se preste a ocasión,
Urbanistas sibilinos,
Serviciais, caritativos,
De misa e de comuñón,
De moita xenuflexión,
Moi cumpridos …
Ante o Crego barrigón,
Ante o alcalde ladrón,
Ante o xuíz de cartón
Ante tododeus bendito,
Señoritos.
___________________
...¿pola santa inquisición?
¿Será pato ou lumbrigante,
Ou tal vez unha langosta
-Acuicultura da costa-,
O retrato rechamante
Que, ao mandar pechar a boca,
No seu falar se equivoca
De bocado e de talante
-Malos augurios da pota-?
¿Serán palabras ben/ditas
Por quen foi altar Maior,
Por San Gil, dona María,
Pola túa e pola miña,
Pola Santa Autonomía,
Polo hamletiano Rajoy,
Pola Santa Inquisición,
Pola COPE ou pola Biblia?
________________
AS LEITEIRAS DE FERROL.
Por activa e por pasiva,
Reseña o LápizFeroz,
No Solar Salas-Ruína,
Cinco viñetas tecidas
No tear da indixestión:
Man mercenaria cumprida
-Lelo-Luis-Imper-Nerón-,
Esa panda estrelecida
Coa marca liberticida
Das leiteiras de Ferrol.
__________________
Subscrever:
Mensagens (Atom)