sexta-feira, 28 de novembro de 2008
NON ME CABEN NOS RIPIOS.
Arneirón, meu bon amigho,
Deixa a ghaivota infectada,
Á rosa descabezada,
Ao da casa volteada,
Aos meritorios borricos:
Aos Neróns, aos Fodericos,
Impertinentes e Salas,
Que non me caben nos ripios...
QUEN FOR TRAIDOR AFAMADO!
(Dedicado á peña de admiradores "salicídicos", que adora, sen fisuras, a miña arte poética)
O pelo que adoza a gorxa
Do bo Lelo desbocado
A SALAS foille roubado
Por un vento desnortado
Contumaz e PATRIOTA,
Cal xogador de pelota
Polas pelotas pillado...
¡Ou, meu LÁPIZ sucedáneo!
¡Ou, meu pintor mala brocha!:
¡Quen for TRAIDOR afamado
Para pintar boca a boca
O sabor do refugallo..!
¡BIG BANG..!
Grazas á lei do “big bang”,
Cae da figueira a breva,
Recorta o bigote Aznar,
Baixa Bush os pés da mesa...,
A noite devén mañá,
Goberna a lúa as mareas,
Canta o grilo na camposa,
O inverno esquece ao verán,
E o verán esquece á prosa,
Vive do sol e da rosa,
Do vento,
Do monumento,
Da montaña e mais do mar...
Se o Salas fose pintor
No canto dunha mofeta,
Pintaría en bicicleta,
Subindo polo ascensor,
Unha gaita e un tambor,
E un termómetro extintor
Das febres dun mal profeta:
¡Big bang..!
Os ceos contaminou.
AVE DE PAPEL TIMBRADO.
É forte en ortografía;
Historiador consumado,
Fabulador asociado
Ao sabor da naftalina:
Rato lector do pasado,
El salvou a astroloxía
Mediante a fe no meigallo
Imperial da NEuROnía;
Un peixe fundamentado
Nos segredos da cociña
Do cociñeiro Arguiñano;
Coma bombeiro, incensario
Familiar da gasolina;
Un luthier da economía
Conselleiro de Traballo
Ou Ministro na Arxentina.
Este indiano tan honrado
Atracou por Portisín
Laureado gachupín,
AVE de papel timbrado.
________(Rioderradeiro)_______________
Subscrever:
Mensagens (Atom)