segunda-feira, 17 de novembro de 2008
O RATO DO CALVARIO.
Boina neghra no papel:
Rato vello, rabo fino
-Contra corrente, cordel
Da luz que lle deu sentido…
Se é no Calvario, Rapel,
Cabeza de ghran de millo:
Boina-rato, ¿rato ou Timo
Debuxados nun mantel?
_______________
ARTIFICIO CHINÉS.
PLAN RENOVE
Chove no tellado propio:
No estío, esa chuvia é ouro…
Chove no tellado alleo:
No inverno, o chuvasco é cego…
Tolo chover, sen permiso,
Chover sen ningún respeto
Do pluviómetro Touriño,
Do secano Zapatero....
Se levas paraguas, chove;
Se non o levas, parello.
Por iso, LápizCortello,
Comprensivo e milagriero,
Deseñou o “Plan Renove”
De pórlle unha billa ao teito.
_________________
mellor dixestión.
Impertinente - Nerón,
Dun habano moi cumprido
Fumado no Malecón:
Banana en polvo frixido
Na tixola do calzón,
Naquel lugar preferido
Pola buxaina-roncón
Da gaita do buxarrón
Amante dun bo “CUcido”
Para mellor dixestión.
Dun habano moi cumprido
Fumado no Malecón:
Banana en polvo frixido
Na tixola do calzón,
Naquel lugar preferido
Pola buxaina-roncón
Da gaita do buxarrón
Amante dun bo “CUcido”
Para mellor dixestión.
román de taberna
Subscrever:
Mensagens (Atom)