terça-feira, 4 de novembro de 2008

A MARTÍN CÓDAX






A MARTÍN CÓDAX
___(ensaior escolar)____________________


As ondas do mar de Vigo,
Martín Códax, meu amigo,

¡Que lindas son!
¡E eu, namorada!


As ondas do mar levado,
Martín Códax, meu amado,

¡Que lindas son!
¡E eu, namorada!


Martín Códax, meu amigo,
Aquí, nas augas de Vigo,

¡Que lindas son!
¡E eu, namorada!


Martín Códax, meu amado,
Nestas augas, mergullados,

¡Que lindas son!
¡E eu, namorada!


Aquí, nas augas de Vigo,
Meu bon xograr, meu amigo,

¡Que lindas son!
¡E eu, namorada!


Nestas augas, mergullados,
Dona, trobador e os laios,
¡Que lindas son!
¡E eu, namorada!


(Para o DÍA DAS LETRAS GALEGAS do 2.006)

BANDEIRA DE PV(C).

___________________________


¡Ai, a bandeira de Paco,
Sobre firme pedestal,
A ondear cara ó vento,
No paseo principal!


¡Ai, a bandeira humillada,
Alma ou ente nacional..!
¡A bandeira derramada,
En Riazor, polo chan..!


¡Ai, o seu mastro de fibra
De óptima “calidá”!
Custodiábana cen gardas,
Día e noite, contra o mal.


¡Ai, bandeira, mastro e gardas!
¿Quen mandou o vendaval?,
¿Quen se burlou da custodia?
¿Que demo entrou polo Orzán?


¡Ouh, firme bastión do Paco!
Debruzado contra o mar,
Xace o orgullo esnaquizado
Do guieiro cidadán.


¿Quen ha pagar polo feito?
¿A quen imos castigar?:
¿Ó vento por ser tan malo?,
¿Os do “non” polo empurrar..?


…¿ Ou ó mesmo Zapatero,
Por non saber negociar
As treguas e os estatutos
Cos vascos e os cataláns?


¿Será por culpa do Papa …,
Da curia, ou dos cardenais?
¿Por coller mal o hisopo
No acto ceremonial…?


…¿Por empregar auga choca,
Sen virtude; abenzoar
Sociatas “contra natura”..?
¿Por qué, diaños, será?


¡Meigas fóra! – berra o Vázquez.
¡Amen! – di “Su Santidad”.
¡Amén! –conformamos todos.
¡Amén!, ¡ non se fale máis !

(27-3-06)

CANTO DOS PAXAROS

CANTO DOS PAXAROS
________________________


Canta o merlo na silveira;
O cuco, no carballal;
O xílgaro, no loureiro;
O paspallás , no trigal…
¡E eu tamén quero cantar...!


Canta o corvo, como el sabe,
Por todo o seu piñeiral,
Na procura da ribeira
Onde poder mariscar…
¡Xa vou romper a cantar..!


Canta o moucho, canta o moucho,
No faiado do casal,
Os amores do veciño
Coa veciña de portal…
¡E eu tamén quero cantar..!


Os gorrións cantan sempre,
Que un ben pode tolear
Con tanto gorrión cantante
Por unha esmola dun gran…
¡Xa vou romper a cantar..!


Canta a pega onde se atope;
A pomba, no seu pombal.
Non sei se catou o galo,
Reloxo pra o despertar…
¡E eu tamén quero cantar..!


Postos a cantar, cantemos:
Cantemos, todos á par,
Unha boa muiñeira,
Desas de poder bailar…
¡Xa estou rompendo a cantar..!:


“Unha noite no muíño,
Unha noite non é nada,
Unha semanita enteira
Esa si que é muiñada…”

(10-5-06)

COITA AMOROSA

COITA AMOROSA
__(Xarampelo)___________


Se ti me amases como eu te amo,

Se me quixeses canto eu te quero;

Eu daríache o que ti me deses,

Ti daríasme o que eu desexo...



( Louro, 1961)

CASA PATRUCIA

CASA PATRUCIA
(MIÑA CASA, MEU TODO)
_________________________________________


Cobre o alento outra nostalxia desolada,
Outro mar, outra pena ¡tan fonda...!

Hoxe regreso a ti do confín doutros mundos.
Ben te teño, onda min, miña casa patrucia:

Véxote renacer cada vez, más senlleira
E máis len,
Do sitial da memoria.

¡Ouh, meu lar, miña casa, meu todo..!,
Xa, cos ollos carnais, albiscarte non podo;
Cégame tanta luz, ¡tanto amor!

¿Como tornar a ti, con estas mans baleiras,
-Coa vida engastada-,
Daquel mar, desa terra?,

¡A esta casa...!;
Cangado
Cunha pena ¡tan longa..!

(14-4-06)